ArtistInfo Logo  ArtistInfo

Artist Portrait

Camarada Nimoy

Band,

Non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek. Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles. Soaron en radio 3 nunha estupendísima selección instro-surf do programa "El Sótano" pouco despois de facer a súa primeira gravación. Diego RJ dedicoulles estas palabras: "Uno de los artefactos instrumentales más interesantes que ha caído por nuestra trampilla ultimamente" "su primera maqueta, como te decimos muy interesante, por momentos brillante" "Un proyecto instrumental que pretendemos seguir muy de cerca desde aquí desde este sótano de Radio 3" E tamén soaron despedindo outro programa de "El Sótano" chamado "Favoritos instrumentales del 2012" entre bandas internacionais. O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin. Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda. Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público. O grupo Camarada Nimoy botou a andar o venres 10 de febreiro na sala Playmovil de Vigo tendo como camaradas de escenario aos músicos da banda mexicana Twin Tones. Agora, un ano despois da súa primeira gravación acaban de editar ( o 5 de setembro) o seu primeiro vinilo formato LP cos seus novos temas

     
External Links
Facebook Logo Facebook  Discogs Logo Discogs
ArtistInfo App
ArtistInfo for iOS and ArtistInfo for Mac are presenting musicians, composers and producers that are envolved in the musical work that you are listening to in Apple Music, iTunes, or Spotify. Discover new music via the network among artists. Manage your favorite musicians and albums via iCloud and share recommendations with your friends via email, AirDrop, or Social Media.

App Store Logo     Mac App Store Logo

Acknowledgements
To all the music fans that are contributing on Discogs, MusicBrainz and Wikipedia. Thanks to Franz Flückiger for providing Storygram used to visualize band membership.
ArtistInfo for Mac, iPad, and iPhone
ArtistInfo App
Universal Link: https://music.metason.net/artistinfo?name=Camarada%20Nimoy
ArtistInfo Community
Most seen topics within ArtistInfo:

Top 10 Artists    Top 20 Albums
 
What others are currently looking for:

Recent Artists    Recent Albums

ArtistInfo Logo ArtistInfo by Metason © 2015-2020 Metason Logo