ArtistInfo Logo  ArtistInfo

Album Cover
Raparigos
Raparigos

Album ES 1981 on Ruada label
World

Iste disco vai adicado ao Maestro Constantino Bellón, profesor de tantos e tantos gaiteiros, gaiteiro de tantas e tantas romarías, ao que nunca agradeceremos o que ten feito por nos. Raparigos O Noso agradecemento ao Profesor D. Pío Rodriguez Puga pola súa valiosa orientación pra arranar as súas obras e ao Artesán Antonio Corral polo seu apoio e bon facer. Encetamos esta nova serie de "Gaiteiros Galegos" co volumen adicado ao cuarteto tradicional "Raparigos", do Ferrol; suliñar a teima da serie de recoller as grabacións dos principais cuartetos e gaiteiros do país. Este grupo, formado no ano 1967, conta cún denso historial de actividades dende entón sendo quizaves ún dos cuartetos máis galardonados nos concursos de Gaitas do País. Entre outros teñen conquerido os seguintes premios: Lugo, 1968, 1º Premio; Santiago, 1969, 1º Premio; Santiago 1972, 2º Premio; Santiago 1974, 1º Premio; Lugo, 1974, 1º Premio; Ponteareas 1977, 1º Premio; Ponteareas 1989, 2º Premio. Amáis dos certames de gaitas e segundo a tradición do país, Raparigos estiveron presentes todos estes anos en innumerables festas e romaxes por Galicia e Asturias adiante. Teñen tamén participado en concertos e recitais coma nos Festivais Célticos de Pontevedra e Ortigueira do ano 1978, etc. O grupo ten colaborado, en conxunto ou algún dos seus músicos illadamente, con grabacións de outros músicos e agrupacións (Orfeón Terra A Nosa, Xavier Méndez, Emilio Cao) mais esta é a primeira grabación integramente súa. Nela téntase de recoller o máis representativo do seu estilo, característico das Mariñas, e do que pódese suliñar a súa sobriedade e rigurosidade interpretativas. A selección dos temas deste álbum resposta a un criterio de representatividade que poda interesar tanto ao estudioso da gaita como ao amante dos nosos temas tradicionais. No interior vai un folleto no que Raparigos xustifican o seu xeito de entender a música que interpretan e unha historia detallada do grupo. Con iste folletiño téntase facilitar aos interesados no tema información encol de aspectos da nosa música e dos nosos músicos non divulgados de coío.

     
Musicians
PortraitRaparigos dr, perc, ES
album by, written by
PortraitTraditional ,
written by, popular
Album Tracks
No Title Artist Composer Duration
1Finiña (Muñeira)RaparigosEmilio Rey2:46
2Marchiña (Pasacorredoiras)RaparigosPío Rodríguez Puga3:15
3Follas NovasRaparigosLuís Rafael Brage Villar6:53
4Nª. Sª. Da Guía (Foliada)RaparigosTraditional3:05
5PandeiradaRaparigosTraditional1:46
6Pasacorredoiras NaviesRaparigosRaparigos2:28
7GaiteiradaRaparigosPío Rodríguez Puga4:02
8Montañesa De Lugo (Muñeira)RaparigosTraditional2:36
9FandangoRaparigosTraditional1:57
10RecordosRaparigosPío Rodríguez Puga2:38
11Carmela (Vals)RaparigosConstantino Bellón2:24
12Xota GalegaRaparigosTraditional1:36
External Links
Discogs Logo Discogs
ArtistInfo App
ArtistInfo for iOS and ArtistInfo for Mac are presenting musicians, composers and producers that are envolved in the musical work that you are listening to in Apple Music, iTunes, or Spotify. Discover new music via the network among artists. Manage your favorite musicians and albums via iCloud and share recommendations with your friends via email, AirDrop, or Social Media.

App Store Logo     Mac App Store Logo

Acknowledgements
To all the music fans that are contributing on Discogs, MusicBrainz and Wikipedia. Thanks to Franz Flückiger for providing Storygram used to visualize band membership.
ArtistInfo for Mac, iPad, and iPhone
ArtistInfo App
Universal Link: https://music.metason.net/artistinfo?name=Raparigos&title=Raparigos
ArtistInfo Community
Most seen topics within ArtistInfo:

Top 10 Artists    Top 20 Albums
 
What others are currently looking for:

Recent Artists    Recent Albums

ArtistInfo Logo ArtistInfo by Metason © 2015-2020 Metason Logo