Album ES 2010 on Autoedicion label
Alternative (Rock’n’Roll, Punk, Alternative Rock)
No verán de 2006 comeza a andadura musical deste power rock trio en Santiago de Compostela, nacen os ROYALTIES. Non falta entre os seus membros experiencias musicais anteriores, Dani (Guitarra e voces ex - Redullos), Miguel (Batería ex - Fulanas) e Soni (Voz e baixo ex -Redullos). Os tres componentes da banda coinciden en que a xente necesita máis rock’n’roll para darlle emoción o seu delirante día a día, así despois de moitos concertos e festivais por Galicia e norte de Portugal deciden meterse no estudio e gravar o seu primeiro EP “Quero Rock’n’Roll” (Producido e distribuido por eles mesmos) que leva o mesmo nome que un dos seus temas máis exitosos. Explosións de son, rifs vertixinosos, sacudidas decibélicas e melodías que che deixarán afónico, conforman a suma das influencias das bandas do rock escandinavo, británico e xurásico ( Hellacopters, Gluecifer, The Hives, Samesugas, Street Fighters) dos últimos tempos fluindo a través dunha espiral de tonalidades viscerais que desembocan nun trío case automático que soan a todo gas.En febreiro de 2008 editaron o que sería o seu primeiro CD-EP “Quero Rock & Roll”, e actualmente están a piques de sacar o segundo, un CD con catro temas que verá a luz no mes de abril de 2009 co títullo de “Avance da nova temporada” que inclúe unha canción, As Cruces que como os mesmos Royalties din e unha auténtica rareza, e se non, xulgade vos mesmos ao escoitala.En outubro do 2010 publican o seu primeiro CD-LP “Sen volta atrás”, gravado en Cedeira nos estudios Aboryginal Records, con Gerardo Calvo e coa colaboración na producción de Dani Blanco, no que se recollen un total de dez temas concentrados na base do rock & roll, coas colaboracións de Paco “Mezcales de San Antonio e armónica en Bipolar”, Mike Trompy “ trompeta en I want your love e Vaca”, Aitor Alkorta “teclados en I want your love”, Valentín “trombón en Vaca e I want your love” e como non podería ser doutra maneira, fieis a súa tradición, remata cun tema instrumental.Actualmente a banda atópase en proceso de reestructuración coa incorporación de Fedello guitarra de “Ultima sacudida” e Lucas batería de “Dixie town”. O espectáculo continúa. http://www.gzmusica.com/cartafol/exemplo-categoria/os-royalties.html?tmpl=component&type=raw
![]() | Royalties , album by |
![]() | Michael Royaltie dr, drums, chorus |
![]() | Dani Wayner eg, electric guitar, chorus |
![]() | Soni eb, voc, vocals, bass guitar |
No | Title | Artist | Composer | Duration |
---|---|---|---|---|
1 | Predicado Blues | Royalties | 2:41 | |
2 | Sen volta atrás | Royalties | 3:55 | |
3 | Bipolar | Royalties | 2:35 | |
4 | I Wat Your Love | Royalties | 2:15 | |
5 | On The Rocks | Royalties | 2:45 | |
6 | Aboryginal | Royalties | 2:13 | |
7 | Atila | Royalties | 3:15 | |
8 | Fan do Rock and Roll | Royalties | 2:45 | |
9 | Bola de Canón | Royalties | 4:36 | |
10 | Vaca | Royalties | 2:14 |